Formación
Cursos 
XII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Do Romanceiro tradicional ao bravú.
Imprimir
XII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Do Romanceiro tradicional ao bravú.  (8 Horas)
Matrícula:  Desde 03/10/2019 até 24/10/2019(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario:  Desde 26/10/2019 até 26/10/2019.
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8, Lugo)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
      Prazas reservadas: 30%       Número máximo de prazas: 30%
Coordenadores: 76415434G 32787222D
Modalidade formativa: Xornadas
Contidos:

 

XII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú.

 

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 

10.30-11.30 Conferencia: O romanceiro tradicional e a cultura galega: identidade, lingua e normalización. José Luís Forneiro

 

11.30-12.30 Conferencia: O romance tradicional; relación entre texto e melodía. Dorothé Schubarth

 

12.30-14.00 Mesa redonda: Romances con rima e melodía. Supervivencia do xénero. José Luís Forneiro e Dorothé Schubarth
Coordina: Antonio Reigosa

 

16.00-17.00 Conferencia: Novas formas na música popular: Da romaría á festa. Da movida ao bravú. Xurxo Souto Eiroa

 

17.00-18.00 Conferencia: A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña luguesa. Branca Villares Naveira

 

18.00-19.30 Mesa redonda: Os camiños incertos da canción. Lingua e música popular no século da globalización. Xurxo Souto Eiroa e Branca Villares Naveira
Coordina: Lois Pérez

 

19.30-20.30 Sesión práctica: Transmisión oral na música tradicional no século XXI: A Tradescola de Lugo e a Asociación de Gaiteiros Galegos
Interveñen alumnado e profesorado da Tradescola, Escola de Música Tradicional (Lugo)

Destinatarios:

Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario.

Importe da matrícula e tipos:
Gratuíta : 0 €